sábado, 26 de febreiro de 2011

Paseo polo PORTO

O noso meco TURISTA 
Veu de visita a VIGO
DESPOIS de ver aos cabalos
Deixounos outra consigna.


No paseo do porto
A Julio VERNE visitou
Sentado enriba dun polbo
E  outro mandado nos deixou:





Do mar,  da praia,
Algo has de traer,
que poidas poñer
que poidas comer,
para compartir 
ou para pescar,
gorro, 
colar,
antifaz,
relacionado co MAR.
¡ANIMO, a disfrutar do CARNAVAL!!




CROCAIO tamén está disfrutando do entroido e quere compartir con vós este xogo de CLIC tan chulo. 
Premede sobre a imaxe  para xogar.


¡Aí vén o ENTROIDO!!!

O noso MECO: "TURISTA" que veu a Vigo nunha desas viaxes de cruceiro e desembarcou na estación marítima, quedou abraiado ca estatua dos CABALOS da Praza de España, e como é moi mandón, para o Luns o seu mandado foi: unhas botas, para montar a cabalo:

 As botas tes que traer, se no  entroido queres  correr
  Postas ou na man , botas han de ser 
  De auga ,de coiro, de goma, de frío
  Botas, sen máis lío.





              Clicade no MECO para entrar a unha páxina de actividades moi variadas do entroido


               Ao TURISTA tamén llas poñeremos.ATENCIÖN!!!

xoves, 24 de febreiro de 2011

HOMENAXE A ROSALIA

O 24 de Febreiro recordamos o nacemento desta gran poetisa galega que escribiu tanto en lingua galega coma en lingua española. No século XIX, a época na que viviu Rosalía non resultaba nada fácil porque a lingua galega quedara reducida a un mero dialecto, despreciado e desprestixiado.







NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,


negra sombra que me asombras,


ó pé dos meus cabezales


tornas facéndome mofa.


Cando maxino que es ida,


no mesmo sol te me amostras,


i eres a estrela que brila,


i eres o vento que zoa.


Si cantan, es ti que cantas;


si choran, es ti que choras;


i es o marmurio do río,


i es a noite, i es a aurora.


En todo estás e ti es todo,


pra min i en min mesma moras,


nin me deixaras ti nunca,


sombra que sempre me asombras.

 






ROSALÍA DE CASTRO


Rosalía de Castro. Santiago de Compostela (Galicia 1837-1885).

Naceu en Santiago de Compostela. Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita, filla de pais descoñecidos. Mi pouco se sabe da súa educación. Sábe que na  escola mostrou talento de versificadora. También lle gustaba o debuxo, a música e a declamación. Rosalía de Castro casou con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia. Ao ano seguiente Rosalía da luz a su primeira filla, Alejandra, á que seguirán seis fillos máis. O seu domicilio cambióu varias veces, entre Madrid e Simancas. Rosalía nunca disfrutou de booa saúde. Loitou sempre contra enfermedades, e a menudo con la pobreza, viviu dedicada ao seu fogar, aos sus fillos e ao seu marido, nunca aspirou á fama. O seu marido foi quen a convenceu para que publicara  as súas obras. Morreu de cáncro aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo.
Compuxo  os seus primeiros versos á idade de 12 anos. Aos 17 anos xa era coñecida no  "Liceo de San Agustín", polo seu primeiro libro: La Flor . Follas Novas, é o título do seu último libro que contén a súa maneira de ver a vida.


Listz

Este ano celebramos o Bicentenario
do nacemento do músico  Franz List


Se queredes saber mais sobre Franz Listz, clicade na súa foto.



Aquí tedes un entretido vídeo de Tom e Jerry que ten unha
composición súa de música de fondo. 


xoves, 17 de febreiro de 2011

Visita á BIBLIO CROCAIO.





 Nicolás  e Lucas de 5º curso, no Taller de lectura  mensual que facemos na BIBLIO, lendo uns parágrafos do libro: Down, para o alumnado do 3º ciclo.
A autora:
An Alfaya (Vigo, 1964) estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid. 



A súa literatura vai destinada tanto aos lectores infanto-xuvenís como aos adultos, cultivando a narrativa e o teatro.
Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo, ten publicadas as seguintes obras:
O maquinista Antón (1995, Xerais 2009); O caderno azul (Xerais 1996); ¡Sireno, Sireno! (Xerais 1997), Premio Merlín 1997; A recortada (Xerais 1999); Bua Bua Requetebua (1999); O baúl de Wensel (2000); A estrela volarina da torre colarina (2001); Down (2001), A encontadora (Xerais 2003), O escuro (2003), A buguina namorada (Xerais 2003); Desventura (2003); Unha xanela para Cecilia (2005); Matei un home (2005), novela para adultos, accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; Zoa e Azor (2006), finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento; Os seres con raíces na cara (2006); A sombra descalza (Xerais 2006), Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; e Illa Soidade (Xerais 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2007.


 Os nenos e nenas de 5º curso ematamos de ler e traballar o seu libro "DOWN". Pasámolo moi ben léndoo, gustáronnos moito as aventuras de siro e o seu curmán Guillerme.
Investigamos un pouquiño sobre o síndrome de Down e aprendemos moitas palabras de vocabulario en galego que non coñeciamos:
-cromosomas, parafuso,nocello,síndrome,etc...



Tamén descubrimos outro libro na biblioteca que fala do mesmo tema e ata hai unhas actividades de jclic para facer sobre el.Clicade nel e aparecerán



Próximamente teremos con nós á autora de Down: AN ALFAYA. Estamos preparando o día para darlle unha boa benvida.

venres, 11 de febreiro de 2011

poemas de marzo

 Poema que escribiron os nenos e nenas de 6º de primaria para a primeira semana de marzo.

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ

AS ESCOLAS DE CANDEÁN, CARBALLAL E PONDAL
XUNTAS POLA PAZ

Hai un ano nestas datas
que estabamos por aquí
lembrando moi en serio
o que acontecera en Haití

Canta xente faleceu!
mais a esperanza non se perdeu.
A culpa foi de un tremor
que causou moita dor

Algo pasa no mundo
cando vemos con pavor
que despois dun ano tan duro
continua tanto horror

Pero podemos colaborar
loitando celosamente
por un día de paz,
que nunca mostra a xente

Hoxe tampouco queremos esquecer
os obxectivos do milenio:
a saúde, a educación global,
o medio ambiente,
a igualdade de xénero...

Carballal, Candeán e Sampaio
vixiaremos sen desmaio
que se cumpran con esmero
aquí, acolá, no mundo enteiro.




******************************************************************************

Un caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou forman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou un obxecto imaxinable.
Para crear un caligrama hai que partir dunha idea : unha palabra, unha expresión , para transformar primeiro en imaxen e logo en poesía.
Os nenos e nenas de primeiro puxeron na segunda semana de febreiro este fermoso caligrama nno corcho da biblioteca.A Crocaio e aos demais nenos e nenas gustoulles moito.




Todas las tardecitas
mi gata mira,
sentada en la ventana,
a su nueva amiga.
Pero ella no imagina 
que hay un espejo,
ni sabe  que esa gata....
es su reflejo.







 ***************************************************



















                                                                          A noite

A noite é escura e negra.                        Pola noite vén papá Noel.
As veces dános medo.                          os Reis magos e o RatiñoPérez
Pero a noite ten                                     nacen soños bonitos
Moitas cousas bonitas.                           e somos felices.

Primeiro chega a lúa.
Algunhas noites gordiña e grande.
Redonda!
Como si ceara moito.

Despois chegan as estrelas
pequenas , xoguetonas e brillantes.
Cando xogan ao corro coa lúa
o ceo énchese de cores.

Fermoso poema que nos deixanos nenos e nenas de 2º e 3º para a terceira semana . Bo traballo de parte de Crocaio e Crodila!!!

xoves, 10 de febreiro de 2011

Cocrodilo namorado

 
Hai días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor , ás veces está moi triste... O que lle pasa é que está namorado.
Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar.
Sucédense situacións cheas de humor coas que Crocodilo procura que ámbolos dous se atopen para que Xirafa poida percibir o seu interese por ela.
Un libro  sobre un sentimento universal, que explica cunha linguaxe sinxela e cercana o torrente de sensacións e emocións que se producen en quen se namora.
  Daniela Kulot atrae a atención do lector cunha obra chea de dozura e colorido.

 Achégate á Biblio, CROCAIO agárdate!!

»

lecturas de AMOR

"¡SÍGUEME!" (editorial OQO)



Un libro que narra a historia dunha parella moi "especial" e que nos enseña que cando sentimos cariño e amor por outra persoa, por diferentes que sexamos, por moitos impedimentos que nos poñan, todo se pode superar cundo realmente queremos materializar o noso amor.

Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva,namorase dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorrer. A formiga invita ao elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces...

Escrito por José Campanari, o libro  presentase como unha historia orixinal, as veces imposible, divertida, dotada  dunha grande beleza.
E que dicir de las ilustracións de Roger Olmos? Magníficas e igual de orixinais que a historia que acompañan...
 Achégate á BIBLIO. Atoparálo!!

martes, 8 de febreiro de 2011

                                       BIBLIOCROCAIO

MES DE FEBREIRO:  LER EN REBAIXAS 

LEVA DOUS LIBROS CADA SEMANA


COMO BUSCAR INFORMACIÓN NA REDE

O  IES ILLA DE AROUSA, elaborou esta pequena guía para axudarnos a ser máis eficaces na búsqueda de información en internet. enredadas
View more presentations or Upload your own.

luns, 7 de febreiro de 2011

POR CUATRO ESQUINITAS

XA PODEDES ATOPAR NA BIBLIOTECA:

TAMÉN PODEDES LELO ASÍ:





  É un dos mellores contos de Jerôme Ruillier.Trata sobre a amistade, a diferencia, a exclusión e a inclusión.
 Fai reflexionar  e comprender mellor o mundo.

A música é "Yumeji's theme”, tema central da banda sonora da película "In the Mood for Love" ( en español  "Deseando Amar").


Outro dos seus contos é
                  HOMBRE DE COLOR




"Eu, home de cor, cando nacín era negro. Crecín sendo negro. Si tomo o sol ou teño medo, ou enfermo, sigo sendo negro.
Mentras que ti,  home branco, naciche sonrosado, si tomas o sol avermellas e si tes frío volveste azul.


¿Y ti  chámasme a mín home de cor?"

A pesar que a pel negra tamén ten diferentes pigmentacións, este libro pon de manifesto que branco e negro son en definitiva cores, así pois todos somos homes de cor. Un álbum en tono crítico, ainda que cheo de humor e tenrura.
Un conto-poema transmitido de xeración en xeración pola tradición oral africana contra as expresións racistas. A partir de 7 anos.






martes, 1 de febreiro de 2011

A PAZ - CEIP EDUARDO PONDAL 2011

A PAZ - CEIP EDUARDO PONDAL 2011 on PhotoPeach

Da A á Z ¡¡Queremos PAZ!!

Comezamos a semana que adicaremos á PAZ ainda que   nas  clases  hai moito que traballar día a día por ela para chegar ao entendemento  que queremos.

Pero, como todas as relaciones humanas, hai que coidar, limpar de malas herbas a diario e traballar xuntos en proxectos que nos unan e nos animen a falar do que necesitamos para SER e ESTAR en paz.

E,  para  a animar a semana,os nenos e nenas de 5º, creamos un diccionario pacifista personal no que cada quen foi poñendo o que considera máis necesario para lograla.
Poñemos un exemplo por si vos animades a facer o voso.

O noso dicionario de Paz
Amor.
Bondad.
Cariño.
Dialogar.
Escoitar.
Familia.
Gratitude.
Honestidade.
Ilusión.
K
Libertad.
Mimos.
Nenos.
SoÑos.
Oportunidades.
Perdón.
Querer(se)
Respecto.
Solidaridad.
Ternura.
Unidade.
¡Vida!
Wonderfull
                          Xoxo(aperta en SMS)
PaZ.