xoves, 17 de febreiro de 2011

Visita á BIBLIO CROCAIO.





 Nicolás  e Lucas de 5º curso, no Taller de lectura  mensual que facemos na BIBLIO, lendo uns parágrafos do libro: Down, para o alumnado do 3º ciclo.
A autora:
An Alfaya (Vigo, 1964) estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid. 



A súa literatura vai destinada tanto aos lectores infanto-xuvenís como aos adultos, cultivando a narrativa e o teatro.
Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo, ten publicadas as seguintes obras:
O maquinista Antón (1995, Xerais 2009); O caderno azul (Xerais 1996); ¡Sireno, Sireno! (Xerais 1997), Premio Merlín 1997; A recortada (Xerais 1999); Bua Bua Requetebua (1999); O baúl de Wensel (2000); A estrela volarina da torre colarina (2001); Down (2001), A encontadora (Xerais 2003), O escuro (2003), A buguina namorada (Xerais 2003); Desventura (2003); Unha xanela para Cecilia (2005); Matei un home (2005), novela para adultos, accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; Zoa e Azor (2006), finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento; Os seres con raíces na cara (2006); A sombra descalza (Xerais 2006), Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; e Illa Soidade (Xerais 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2007.


 Os nenos e nenas de 5º curso ematamos de ler e traballar o seu libro "DOWN". Pasámolo moi ben léndoo, gustáronnos moito as aventuras de siro e o seu curmán Guillerme.
Investigamos un pouquiño sobre o síndrome de Down e aprendemos moitas palabras de vocabulario en galego que non coñeciamos:
-cromosomas, parafuso,nocello,síndrome,etc...



Tamén descubrimos outro libro na biblioteca que fala do mesmo tema e ata hai unhas actividades de jclic para facer sobre el.Clicade nel e aparecerán



Próximamente teremos con nós á autora de Down: AN ALFAYA. Estamos preparando o día para darlle unha boa benvida.

Ningún comentario: