Hai días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor , ás veces está moi triste... O que lle pasa é que está namorado.
Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar.
Sucédense situacións cheas de humor coas que Crocodilo procura que ámbolos dous se atopen para que Xirafa poida percibir o seu interese por ela.
Un libro sobre un sentimento universal, que explica cunha linguaxe sinxela e cercana o torrente de sensacións e emocións que se producen en quen se namora.
Daniela Kulot atrae a atención do lector cunha obra chea de dozura e colorido.
Achégate á Biblio, CROCAIO agárdate!!
»
Ningún comentario:
Publicar un comentario