Un libro que narra a historia dunha parella moi "especial" e que nos enseña que cando sentimos cariño e amor por outra persoa, por diferentes que sexamos, por moitos impedimentos que nos poñan, todo se pode superar cundo realmente queremos materializar o noso amor.
Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva,namorase dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorrer. A formiga invita ao elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces...
Escrito por José Campanari, o libro presentase como unha historia orixinal, as veces imposible, divertida, dotada dunha grande beleza.
E que dicir de las ilustracións de Roger Olmos? Magníficas e igual de orixinais que a historia que acompañan...
Achégate á BIBLIO. Atoparálo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario