Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade.
Este ano, a
BIBLIOCROCAIO estivo representada por tres membros do noso Equipo, asistimos o venres pola tarde e todo o día do sábado, aprendemos moitas cousas novas e tamén levamos a grata sorpresa de reencontrármonos con profes que pasaron outros anos polo cole como a profe Josefa e a profe Mª José.
Compartimos as experiencias que se están a facer nas bibliotecas escolares galegas, grazas ó traballo desinteresado, gratuíto
e, moitas veces, fóra do horario laboral, dos profesores e profesoras
que constitúen os
Equipos de Biblioteca Escolar.
Houbo ponencias moi interesantes como as de Fabio Tropea e Tiscar Lara , rematamos con Luís González da
Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.
Profes de toda Galicia falaron sobre proxectos do seu cole, prensa, cómic, videoxogos, contos etc..
Déixovos o enlace ao traballo que coñecemos gracias á ponencia da editora, periodista e autora Eva Mejuto, curtas sobre contos da
editorial OQO que moitos coles presentaron a concurso e que todos mereceron o premio.
NÓS TAMÉN CREAMOS.Concurso de curtas en colaboración coa RTVG.
Marabillosos traballos!
Agradecer ás persoas que fixeron posible estas fantásticas Xornadas e agardar que fagan moitas máis.