Se levas un libro da colección de Naturizo podes ter sorte e levarte tamén para casa uns días ao propio Naturizo. Ademais agora ten a súa propia mochila, que lla fixo Alice!
mércores, 26 de abril de 2023
martes, 25 de abril de 2023
luns, 24 de abril de 2023
mércores, 12 de abril de 2023
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.
Como sabedes, encántanos contar coa participación das familias nos diferentes proxectos do colexio e gústannos moito as vosas visitas. E a ilusión que lles fai aos peques vervos por aquí!
Agora queremos proporvos que de forma voluntaria , algún membro da vosa familia (nai, avoa, tía, curmán, etc) ou amizade, veña á nosa biblioteca a contar un conto, historia, teatrillo...o que se vos ocorra!
Pode ser para a clase dos vosos fillos ou fillas, ou podemos amplialo se vos apetece a algún curso máis que vós consideredes oportuno.
Podedes vir acompañadas/os ou sós, ou incluso membros de diferentes familias podedes facer un grupo para vir. Tamén podedes preparalo cos vosos peques. Non hai regras! Vós decidides como queredes facelo!
O horario da actividade tamén quedaría a vosa dispoñibilidade, pero sería dentro do horario lectivo. Só tendes que avisar á vosa titora para coordinar a data e a hora.
Animádevos a participar. As portas da Bibliocrocaio ábrense para vós!