mércores, 12 de abril de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Como sabedes, encántanos contar coa participación das familias nos diferentes proxectos do colexio e gústannos moito as vosas visitas. E a ilusión que lles fai aos peques vervos por aquí!

Agora queremos proporvos que de forma voluntaria , algún membro da vosa familia (nai, avoa, tía, curmán, etc) ou amizade, veña á nosa biblioteca a contar un conto, historia, teatrillo...o que se vos ocorra!

Pode ser para a clase dos vosos fillos ou fillas, ou podemos amplialo se vos apetece a algún curso máis que vós consideredes oportuno. 

Podedes vir acompañadas/os ou sós, ou incluso membros de diferentes familias podedes facer un grupo para vir. Tamén podedes preparalo cos vosos peques. Non hai regras! Vós decidides como queredes facelo!

O horario da actividade tamén quedaría a vosa dispoñibilidade, pero sería dentro do horario lectivo.  Só tendes que avisar á vosa titora para coordinar a data e a hora. 

Animádevos a participar. As portas da Bibliocrocaio ábrense para vós! 





Ningún comentario: