18 marzo 2024

17 marzo: Día do cómic

Boas amigos e amigas!

Non sei se sabedes que onte foi o día do cómic. Por iso, dende a biblioteca do cole hoxe promoveuse a lectura destas historias. 

Sabiades que o cómic tamén é coñecido como banda deseñada?

Aqui tendes algunha mostra das lecturas que máis triunfaron














Como nos gustan este tipo de lecturas!

11 marzo 2024

Semana da prensa

 Boas amigos e amigas!

A semana pasada, do 4 ao 8 de marzo, foi a semana da prensa. 

Durante toda a semana estivemos traballando con xornais na aula e preparando algunhas noticias que compartimos o venres. A temática das noticias foron as mulleres. 



Fixemos un mural con todas as noticias na entrada do cole para poder volvelas a ler cando queiramos. 



O Faro do Pondal ten moito que contar...


8M no Pondal

 Boas amigos e amigas!

O pasado venres 8 de marzo conmemoramos no centro o Día Internacional da Muller. Tivemos a sorte de poder desfrutar de Beatriz, a nai dunha alumna de 4º de Educación Infantil. 

O seu traballo é moi interesante xa que é intérprete en lingua de signos.

Coñeciades ese traballo?

Ademáis de contarnos un pouco en que consiste o seu traballo, repartiunos o alfabeto dactilolóxico para que todos e todas puideramos facer o noso nome. 


E para rematar, mentras a coordinadora da biblioteca contaba un pequeno conto, Beatriz foino interpretando en lingua de signos.


Que mañá tan bonita e tan inclusiva!