xoves, 27 de xaneiro de 2011

Menú especial para celebrar o día escolar pola PAZ

Para comezar un entrante de música suave brasileira e agradecemento o cole de "Os Muiños".



Continuamos co plato forte a lectura dun conto que nos fará reflexionar:




E para sobremesa o xogo. 




Ánimo con este menú!! A ver si o dixerides todo e senta ben!!

Deixade o voso comentario.

luns, 24 de xaneiro de 2011

PROPOSTAS PARA A PAZ


Como cada ano, o Seminario Galego de Educación para a Paz presentou as súas propostas para 
o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia que celebraremos en todos os coles o próximo día 31 de xaneiro.
 


Nesta ocasión, atopamos unha colaboración de Pilar Sampedro, unha das nosas  Asesoras de Bibliotecas Escolares, que elaborou un interesante documento titulado Literatura Infantil e Xuvenil Galega para a Paz.




 CROCAIO déixavos un enlace con moitos xogos sobre a PAZ:


                       VAI ESTALAR A PAZ (XOGO) 





venres, 21 de xaneiro de 2011

ESCOLA PARA TOD@S

  Hoxe visitounos Paco Vallverdú da ONG: Educación Sin Fronteras Galicia, para charlar cos nenos e nenas de 4º ,5º e 6º sobre a exposición PROPÓNTELOS que durante esta semana estuvo na BIBLIOTECA e pola que pasaron os nenos e nenas de todo o cole e tamén algún pai.


Estivemos hora e media con el, tocou o timbre e non o podiamos crer.
Falounos dos 10 obxectivos que todos os estados do mundo se comprometeron a cumplir para cando chegase o ano 2015,  tan só faltan 4 anos!


 Púxonos a marabillosa  película "Binta e a gran idea" de Javier Fesser.(29 minutos)
 Rodada no Senegal, lévanos ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmán de ir á escola. O alumnado de 6º lembrou o seu libro de lectura de nadal "Lúa do Senegal" de Agustín Fdez. Paz.
  Sería ideal que os 10 obxectivos se cumpriran, pero para eso temos que comprometernos todos, poñendo casa un  de nós o noso gran de area: reciclando, compartindo, respectando, consumindo o xusto e aproveitando a escola para aprender todo o que poidamos e máis, agora que aprendimos hoxe que hai moitos nenos e nenas, sobre todo nenas, que non poden ir á escola.
  Recoméndovos  a todos a película, e a outros coles  a charla e a exposición dos paneis que podedes solicitar a Educación Sin Fronteras; adéntranos nun mundo real onde "non é máis feliz o que máis ten senón o que menos necesita".

domingo, 16 de xaneiro de 2011

EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS

Esta semana imos encher a BIBLIOCROCAIO dese aire especial que nos trae xaneiro na súa derradeira quincena, cando xa comezamos a preparar o día ESCOLAR POLA PAZ.
Tendo en conta que o proxecto da biblioteca para este curso está relacionado co respecto á diversidade pareceunos moi oportuno facer esta exposición que desinteresadamente nos brindou "EDUCACIÓN SIN FRONTERAS" para dar a coñecer o seu labor e así iniciar as actividades da Biblio relacionadas coa PAZ.

Pero, QUEN SON ?


Educación Sin Fronteras é unha Organización Non Gubernamental de Desenvolvemento constituida como asociación independente, laica e sen ánimo de lucro, integrada por personas que queren participar de forma activa e desinteresada no enorme reto de lograr un mundo máis xusto e solidario, no que primen os valores da igualdade, a democracia e o respecto á diversidade.

Creada en 1988 por un grupo de profesionales da educación están convencidos de que a educación é, ademáis dunha necesidade básica, un dereito humano fundamental e a clave para a transformación social.

Párate uns minutos para ver o mundo:




Tamén podes xogar con eles


luns, 10 de xaneiro de 2011

Mª ELENA WALSH : POETA


 



          Busca o seu libro na BIBLIO!!


María Elena Walsh a autora desta canción infantil e dunha extraordinaria producción literaria tanto para nenos como para adultos, faleceu hoxe en Buenos Aires, aos 80 anos.
 Walsh estaba considerada como un dos verdadeiros mitos da literatura arxentina e era admirada por toda unha sociedade que soubo conectar, a todas as idades, cas súas obras teatrais  musicais.

A súa obra  abriu un mundo novo de imaxinación e xogo.
Alguns dos seus personaxes, como a Tartaruga Manuelita (que ten un monumento en Pehuajó, un pueblo cercano a Buenos Aires), Doña Disparate o Dailan Kifki están xa nos libros de texto de media América Latina.

A mellor maneira de facerlle unha homenaxe é CANTAR as súas cancións ata que desde a súa nube libre nos escoite. ¿Listos?

domingo, 9 de xaneiro de 2011

De volta!!

  Mañá, luns, día 10, comezamos un novo trimestre con forzas renovadas despois do descanso de Nadal.
Xa estamos preparados para para aprender moitas cousas interesantes, para vivir emocionantes aventuras, para disfrutar descubrindo, para compartir intereses e inquedanzas...
E non vos preocupedes cando atopedes algún atranco, todo irá moi ben coa axuda dos profes e das vosas familias.
Na web
APRENDE A ESTUDIAR  atoparás moitos consellos para facer as túas tarefas máis doadas e interesantes.

Agora aproveita o tempo que queda para xogar moito e gozar dos agasallos dos Reis e de Papá Noel.

Por certo, ¿que che troxeron? 
Cóntanolo nun comentario.


                                      Biquiños de crocodilo e

                                                         ¡ATA O LUNS! 


xoves, 6 de xaneiro de 2011

50 anos de "Memorias dun neno labrego"





 Onte  a vila de A Estrada acolleu o acto de recoñecemento ao escritor Xosé Neira Vilas e á súa obra máis lida.
O libro superou xa os 600.000 exemplares vendidos e foi traducido a moitos idiomas. Publicouse por primeira vez en 1961, en Buenos Aires, con ilustracións de Luís Seoane. O neno Balbino é un personaxe entrañable que defende a dignidade do ser humano.