Hoxe visitounos Paco Vallverdú da ONG: Educación Sin Fronteras Galicia, para charlar cos nenos e nenas de 4º ,5º e 6º sobre a exposición PROPÓNTELOS que durante esta semana estuvo na BIBLIOTECA e pola que pasaron os nenos e nenas de todo o cole e tamén algún pai.
Estivemos hora e media con el, tocou o timbre e non o podiamos crer.
Falounos dos 10 obxectivos que todos os estados do mundo se comprometeron a cumplir para cando chegase o ano 2015, tan só faltan 4 anos!
Púxonos a marabillosa película "Binta e a gran idea" de Javier Fesser.(29 minutos)
Rodada no Senegal, lévanos ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmán de ir á escola. O alumnado de 6º lembrou o seu libro de lectura de nadal "Lúa do Senegal" de Agustín Fdez. Paz.
Sería ideal que os 10 obxectivos se cumpriran, pero para eso temos que comprometernos todos, poñendo casa un de nós o noso gran de area: reciclando, compartindo, respectando, consumindo o xusto e aproveitando a escola para aprender todo o que poidamos e máis, agora que aprendimos hoxe que hai moitos nenos e nenas, sobre todo nenas, que non poden ir á escola.
Recoméndovos a todos a película, e a outros coles a charla e a exposición dos paneis que podedes solicitar a Educación Sin Fronteras; adéntranos nun mundo real onde "non é máis feliz o que máis ten senón o que menos necesita".
Ningún comentario:
Publicar un comentario