luns, 23 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

A actividade de lectura de contos de uns a outros resulta ser unha fenomenal animación á lectura.
Cada un buscou o seu sitio e intentou facelo o mellor posible.
Non defraudaron as expectativas, cando remataron pedían facelo outro día e algúns desexaban manter o mesmo contador, outros cambiar...
Esta vez foron todos  os contos en galego.


venres, 20 de maio de 2011

Presentación Libro colaborativo do proxecto de Biblioteca

 Moito aprendemos co noso proxecto de Biblioteca. 
Hoxe venres, fixemos a presentación na Biblioteca. Antes, na  Hora de Ler amadriñamos  contos en galego, contamosos maiores aos máis pequenos do cole.
Deixamos algunha imaxen dos dous actos e o traballo do libro para que vexades:
Canto traballamos! E que chulo nos quedou!
 E sobre todo que descubrimos moitas cousas doutros países dos que temos compañeiros e compañeiras no cole:
 Melani, Liam,Víctor, Ana Belén, Madelén, María e Ailén e a súa familia.

Respecto para CONVIVIR  CEIP Eduardo Pondal  Vigo on PhotoPeach





Soaba por megafonía a música de Vivaldi.



Xa na Biblioteca Crocaio:



luns, 16 de maio de 2011

Lois Pereiro

LETRAS GALEGAS: O ANO DE LOIS PEREIRO


O día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo emprego do noso idioma. Este ano 2011, o 17 de maio adícaselle a Lois pereiro, pola modernidade da súa poesía.



Lois Ángel Sánchez Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña en 1996.

Escoita con atención algún dos seus poemas


Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos que van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.


EXPOSICIÓN NO MUSEO VERBUM DE SAMIL EN VIGO
“Estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo”.
“A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata”. 
Son fragmentos dun poema de Lois Pereiro, que conta desde onte e ata o 26 de xunio cunha exposición no Museo Verbum de Samil. Súmase ao “Vento Lois” que soplou en toda Galicia á mesma hora cun recital de poesía.



E para coñecelo mellor, podedes ver a fermosa  presentación  feita por Elvira Roiz.






venres, 6 de maio de 2011

El Pez Arco Iris

Este conto tamén está na Bibliocrocaio.
Pero podedes escoitalo aquí e máis abaixo xogar con el.
É a historia dun peixe un chisco fachendoso...



     Premendo no conto atoparedes  os xogos :
Preme aquí e atoparás  unha páxina de manualidades para facer o peixe :



                             E agora máis xogos sobre:

xoves, 5 de maio de 2011

Actividades LIM


Xa os temos na biblio. Son cinco.
Entra na súa páxina xa verás que diver!
                                                      



Este novo libro de Greg contén  actividades, preguntas, test, chistes... así como algunhas páxinas en branco para que o lector poida escribir o seu propio diario e así imitar a  Greg. 
Kinney pretende con este libro, inspirar aos máis novos a debuxar e a escribir. Facer un diario" a modo de Greg" pode resultar extremadamente divertido e creativo.

E agora A XOGAR!!

Premendo nas imaxes podes facer actividades Lim relacionadas 
*co autor das letras galegas 2010
Lois Pereiro:



      *Actividades Lim sobre o  23 de abril  Día do libro


 *Actividades de repaso para 5º de primaria: