O día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo emprego do noso idioma. Este ano 2011, o 17 de maio adícaselle a Lois pereiro, pola modernidade da súa poesía.
Lois Ángel Sánchez Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña en 1996.
Escoita con atención algún dos seus poemas
Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos que van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.
EXPOSICIÓN NO MUSEO VERBUM DE SAMIL EN VIGO
“Estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo”.
“A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata”.
Son fragmentos dun poema de Lois Pereiro, que conta desde onte e ata o 26 de xunio cunha exposición no Museo Verbum de Samil. Súmase ao “Vento Lois” que soplou en toda Galicia á mesma hora cun recital de poesía.

E para coñecelo mellor, podedes ver a fermosa presentación feita por Elvira Roiz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario