Aquí vos deixamos o vídeo que gravamos no colexio coas nosas mans pintadas de violeta para decir NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
Tamén vos amosamos as pancartas que elaboramos e que puxemos na entrada do colexio.
Aquí vos deixamos o vídeo que gravamos no colexio coas nosas mans pintadas de violeta para decir NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
Tamén vos amosamos as pancartas que elaboramos e que puxemos na entrada do colexio.
O venres día 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos dos/as Nenos/as.
Celébrase ese día por coincidir coa aprobación da Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas, na asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.
Este día mundial recorda o dereito que teñen á saúde, educación, protección... independentemente do lugar do mundo no que naceran.
O noso colexio celebrou este día con distintas actividades, partindo sempre do pensamento dos nenos e nenas de todo o mundo, relacionado co lema das bibliotecas escolares deste ano
Xeografías lectoras da biblioteca escolar
Como xa comezamos a pór en marcha o noso proxecto deste curso sobre os inventos, INVENTOS DE CONTO, imos retomar unha entrada que fixemos no blog o curso pasado sobre Gianni Rodari. Ao final propoñémovos unha actividade.
Como xa sabedes este ano celébrase o centanario do seu nacemento. E relacionado co noso proxecto non podemos esquecernos deste mestre ao que tanto lle gustaba inventar contos. Gianni Rodari deixounos ideas estupendas e consellos para inventar coa imaxinación e o xogo historias e contos.
Na Bibliocrocaio temos dous libros deste escritor, que adquirimos este curso, e que vos deixamos aquí para que vos animedes a ler algunha das súas historias ou poemas.
Como anticipo, e relacionado co noso proxecto deixámovos, un dos Cuentos por teléfono titulado:
Crocaio, a nosa mascota da biblioteca, anímavos a inventar un conto empregando unha das técnicas de Rodari, o binomio fantástico, tedes que crear un conto usando a vosa imaxinación partindo de dúas palabras. Podedes acompañalo dalgún debuxo. Estas son as dúas palabras das que tedes que partir:
Crocaio e bicicleta
Animádeos a inventar un conto!
Este venres 13 de novembro celebramos o Día das Librarías, baixo o lema E ti, de que librería ves sendo?
Este ano 5º e 6º de primaria acercáronnos virtualmente a dúas librarías de Vigo.
5º de primaria investigou sobre a Libraría Solidaria Aida de Vigo.
Esta libraría vende libros doados moi económicos de segunda man. Cos beneficios financian proxectos de cooperación.
6º de primaria fixo unha entrevista a Gonzalo da libraría Cartabón de Vigo. Nesta libraría todos os anos mercamos libros para a nosa Bibliocrocaio. Gonzalo, o libreiro, leva 35 anos traballando nela e como di el:
Cada día gústame máis, é a adicción de cada día
O alumnado de 6º de primaria fixo un traballo previo de elaboración de preguntas para a entrevista a Gonzalo. O día seguinte, a través da plataforma de videoconferencia Falemos da Xunta, fixéronlle a entrevista. O alumnado quedou encantado e moi agradecido por aceptar a invitación e participar nesta entrevista online. Foi unha experiencia moi gratificante.
Aquí vos deixamos un vídeo con fotos desta entrevista online e o pdf coas respostas de Gonzalo.
Este mes celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
O texto elexido este ano como Manifesto ven da man de Xurxo Mariño Alonso, profesor, investigador e divulgador científico: "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
Desde a Bibliocrocaio queremos animarvos a participar neste mes traballando con experimentos sinxelos ou pequenas investigacións que despois exporemos neste blog.
Crocaio quere deixarvos esta montaxe con algúns dos libros en galego que temos na biblioteca, relacionados coa ciencia.
Ánimo, esperamos as vosas aportacións!
O venres celebramos o Samaín, parte presencial e parte virtual, pero aí estabamos. Infantil e primaria fixo distintas actividades e aquí vos deixamos algunhas delas.
Traballamos libros como os Contos de encantamentos, Un fantasma con asma e a obra de teatro Indo para Samaín.