martes, 24 de marzo de 2009

Carta de Crocaio Semana da prensa,...

BIBLIOTECA CROCAIO

XUNTA DE GALICIA


Ola bibliocolegas!

Estivemos moi pendentes da Semana da Prensa e coma vós, limos varios xornais tranquilamente no vestíbulo do colexio cando todo estaba silencioso.
E que é iso de CONTARTE ? O arte dos contos, o arte de contar contos, contar sobre a arte,... xa nos contaredes.

Estamos pendentes e intrigados coas eleccións á presidencia na clase de educación infantil de catro e cinco anos. Sabemos que todo o proceso electoral está a cargo dos e alumnos e alumnas de sexto .Quen será elexido? Participarán moitos alumnos?

Un saúdo lector

martes, 10 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA


A PRENSA

Os xornais e as revistas son medios de comunicación escritos, é dicir, preséntanse en papel o usan o texto escrito e a imaxe fotográfica ou debuxada. O uso da palabra prensa para referirnos a estes medios débese á utilización da imprenta na súa elaboración.


Os xornais tamén se chaman diarios, porque se publican tódolos días. As revistas son publicación periódicas (semanais, quincenais, mensuais, etc.) porque se publican con certa periodicidade.


Hai xornais xeralistas, que publican todo tipo de noticias. E hai xornais especializados en distintos tipos de noticias, normalmente, de deportes ou de economía.


A publicidade é unha das maiores fontes de ingresos para os xornais e as revistas.

Nesta semana o alumnado realizará diversas actividades relacionadas coa prensa, convertíndose en auténticos reporteiros: traballando coas imaxes, as seccións, ...

En primeiro lugar presentarvos a nosa Prensa Eduardo Pondal, que está no hall do noso centro, con variedade de xornais.




Para ver máis fotos sobre a hora de ler na semana da prensa podedes ver o blog do colexio.http://eduardopondalvigo.blospot.com
Algúns alumnos/as convertíronse en auténticos reporteiros, escribindo en tres seccións diferenciadas: noticias, ocio e deportes.