mércores, 30 de xaneiro de 2013

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO ENTROIDO

Webquest do entroido de Vigo
 Elaborada por Rosa González Blanco - CEIP O Pombal de Vigo
O entroido é unha festa moi divertida , a súa celebración  é unha tradición moi arraigada en galicia que se celebra de distintas formas en  aldeas,vilas e cidades.
Si te adentras nesta Web Quest aprenderás moitas cousas desta  festa tradicional na nosa cidade e ademais pasaralo moi ben! 
Merdeiros : típico disfraz de Vigo
  
Dentro hai máis actividades coma esta de colorear en liña: 

venres, 25 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey. Unha escritora de L.I.X. na RAG


 A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a LITERATURA INFANTIL e XUVENIL. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
 Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

domingo, 20 de xaneiro de 2013

xoves, 17 de xaneiro de 2013

30 Xaneiro : DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de Xaneiro celebraremos o Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA
Con este xogo -Lim que nos envía Mick desde o seu recanto do cole de Costa-Castrelos podemos aprender moitas cousas sobre a Paz. Animádevos a facelo ata o final!
>Moitas grazas Julia!

domingo, 13 de xaneiro de 2013

"O mundo é grande".Mamá Cabra

Este ano malia a traballar no proxecto da BIBLIOCROCAIO sobre o noso barrio: SAMPAIO,
temos moi presente que somos cidadáns do mundo, sen fronteiras que nos separen e con cancións tan fermosas como esta de MAMÁ CABRA  que escollemos para aprender e cantar o día da Paz.
Tédela tamén na páxina de Cancións.

sábado, 12 de xaneiro de 2013

Premios: Nós tamén creamos. CRTVG




Estas foron as tres curtametraxes premiadas no concurso "Nós tamén creamos", promovido pola editorial OQO e a TVG, hoxe víronse no Xabarín Club. 
É un marabilloso traballo de nenas e nenos de 1º e 2º ciclos e dos seus mestres e mestras. Parabéns para vós! Sodes uns verdadeiros  profesionais !
Se queredes ver máis curtas AQUÍ

luns, 7 de xaneiro de 2013

LIBRO E LECTURA 2013, CALENDARIO

 Calendario que miraremos moitas veces ao longo deste 2013 e que nos vai lembrar as datas máis importantes relacionadas co libro, cos autores e coas lecturas na nosa lingua.
O teatro de Roberto Vidal Bolaño será o protagonista do "Día das Letras Galegas 2013"

 Pero polo de agora podemos xogar co LIM do conto O Coelliño Branco, feito como non por Belén Junquera, premendo na súa portada:

mércores, 2 de xaneiro de 2013

Contos para traer os Reis

A fermosa Carta dos Reis  escrita pola poeta Andrea Porto lémbranos que deixemos un agasallo na nosa lingua, un libro en galego, porque é unha lingua milenaria que non debemos deixar perder e que ten fermosas palabras como as que ela emprega no seu poema:

                            Papaventos no padal
                       Nenas, nenos, nais e pais
                       escoitade atentamente,
                        resolvede esta adiviña
                        chegada dende Oriente:
                        Derrétese na boca
                        e non é xeado,
                         que estaría moi frío
                         nestas datas do ano.
                        Debuxa bolboretas
                        que beliscan no ceo
                        das nubes anaquiños
                         para facer caramelos.
                      Se aínda non o sabedes
                      parádevos a pensar:
                        quen voa papaventos
                      no noso padal?
                      É a música que todos
                       levamos dentro, 
                       que nos arrola
                       nas noites de inverno.
                             A lingua das cantigas, 
                    das coplas e refráns, 
                    o agasallo perfecto
                    para este Nadal. 

Os libros que escolleron as profes para ler neste Nadal foron os seguintes:
Para 6º curso:

Para todo Infantil: O Carballo con Botas, posteriomente teremos un contacontos sobre este libro.








                                                  Primeiro e segundo cursos lerán :
Terceiro e cuarto terán tamén ao autor: Silvestre Gómez Xurxo para contarlles como fixo o seu libro.