mércores, 29 de setembro de 2010

COLORÉAME:



Ola Bibliocolegas:
Os profes están traballando moito na Biblioteca para ter todo a punto.
Xa hai algunhas novidades!!
Chegaron esta semana á Biblio tres novas mochilas para poder compartir libros de lectura tamén no 3º Ciclo.
Pronto AS MOCHILAS VIAXEIRAS comezarán a súa viaxe e irán cheas de materiais para que toda a familia comparta e disfrute momentos de verdadeiro gozo.





As compañeiras da biblioteca Ceip Andrade ofrecen este Decálogo de lectura que recolle a importancia da lectura en familia.

Decálogo Lectura

domingo, 19 de setembro de 2010

Primeiro día de cole

O noso primeiro día


No recreo claro!


Crocaio andivo mirando noutros blogs de Biblios e

atopou este video de Mafalda no seu primeiro día de cole


Primeiro día de cole para MAFALDA






venres, 10 de setembro de 2010

Esperamos que vos guste.

Esta é a ilustración de Javier Sáez para as "Nanas de la cebolla" que algúns dos seus versos que lembraredes eran:

En la cuna del hambre
Mi niño estaba.
Con sangre de cebolla
Se amamantaba....







Esta é a ilustración de Miguel Calatayud para o poema "Vuelo" que comeza así:

Sólo quien ama vuela....



Xa temos o primeiro libro novo que entra na biblioteca este curso. É este fermoso exemplar da editorial KALANDRAKA homenaxe a Miguel Hernández con poemas seus ilustrados por grandes artistas.
Algo así como cando a profe nos manda ilustrar cos nosos debuxos algún poema.



venres, 3 de setembro de 2010

Benvidos Bibliocolegas!!!!

Que tal de verán?

Descansastes moito?

Lestes algo?

Xa estamos os profes e o conserxe no cole preparando o novo curso, o cole está pintado, temos xa algún moble novo, pero sin vós non hai escola de verdade así que ide preparando a mochila...
Quero contarvos unha gran noticia, este ano preparámonos para poñer en marcha un Plan de Mellora da Biblioteca Crocaio que nos concederon polo noso proxecto de traballo presentado e que vai traer moitas novedades, pero estade alerta xa vos iremos contando.... déixovos unhas fotos para que lembredes o que fixemos o curso pasado na BIBLIOCROCAIO.

Esperámosvos o día 10 con bos propósitos e boas ideas para o curso que comeza.

BIBLIOTECA CROCAIO 2009-2010 "Na procura do tesouro" on PhotoPeach