30 novembro 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOCROCAIO 2019-2020 despois das reformas

Unha biblioteca escolar moi mellorada nestes dous últimos anos, con doble ventanal, tarima flotante, recién pintada, mesas e sillas novas para lectura e para ordenadores, andeis a medida... e por fin chegou o día de inauguración.
 O noso alcalde Abel Caballero cortou a cinta da inauguración, acompañado polo concelleiro de cultura e dedicou fermosas palabra ao alumnado e tamén ao profesorado, aínda que cun chisco de retraso polo que o luns rematemos esta festa coas obriñas de teatro de sombras e co contacontos Iago López.
  Deixamos unha gravación da reportaxe que emitiu Televigo; o diario Atlántico e o Faro de Vigo tamén publicaron a noticia , polo que a BIBLIOCROCAIO e o CEIP EDUARDO PONDAL estivemos onte de sorte!
 
Agora a ler moito e a usar os magníficos xogos, tablets e ordenadores que temos á vosa disposición

28 novembro 2019

Mañá gran festa da nosa BIBLIOCROCAIO

Mañá día 29 de Novembro, despois de longos días de obras, sempre para mellorar, poñemos en marcha a BIBLIOCROCAIO, cunha gran celebración e con algunha gran sorpresa!
Xuntarémonos ás doce na Biblioteca e o alumnado voluntario repartirá os carnés e carpetas así como as cestas de libros para as aulas, veremos un vídeo sobre a contaminación dos nosos mares e océanos e falaremos das normas  de uso da Biblioteca.
Cantaremos unhas regueifas que ensaiaron os cursos de 5º e 6º no obradoiro de Caruncho e o profe de música preparou dúas obriñas de teatro de sombras na que participa todo o cole : ELMER e ROMANCE DEL CONDE OLINOS.
E para despedir o acto farémolo coa canción de Magín Blanco PEIXIÑOS DO MAR
Así era a nosa Biblio, agora está reformada, podedes pasarvos para comprobalo!



Para ver na casa con calma este  marabilloso documental
de 2010: "Océanos" para concienciarnos de coidar os océanos para que a humanidade teña futuro.
 Tratemos de non contaminalos!



17 novembro 2019

17 anos do desastre do Prestige

Sucedeu o 13 de novembro de 2002:

En 4º comezamos a ler o libro de Ana Alonso:
¡NUNCA MÁIS! A ollada da infancia sobre a traxedia do Prestige, podes collelo na Bibliocrocaio. 
Debuxos de nenos e nenas neste album publicado en 2003 por Kalandraka, reflexan a influencia da traxedia do petroleiro Prestixe na sociedade galega de hai 17 anos.

05 novembro 2019

Aprendemos sobre Darwin





O próximo día 7, o alumnado de 3º a 6º visitaremos o Museo do Mar, alí faremos o Itinerario Darwin acompañados polos monitores e monitoras que nos explicaránas claves mariñas da orixe da vida no planeta. Esta investigación levouna a cabo o científico DARWIN, por eso hoxe imos aprender algo sobre el. 

Tamén visitaremos o acuario e faremos un obradoiro de plástica no que elaboraremos unha réplica de fósil mariño.