Unha biblioteca escolar moi mellorada nestes dous últimos anos, con doble ventanal, tarima flotante, recién pintada, mesas e sillas novas para lectura e para ordenadores, andeis a medida... e por fin chegou o día de inauguración.
O noso alcalde Abel Caballero cortou a cinta da inauguración, acompañado polo concelleiro de cultura e dedicou fermosas palabra ao alumnado e tamén ao profesorado, aínda que cun chisco de retraso polo que o luns rematemos esta festa coas obriñas de teatro de sombras e co contacontos Iago López.
Deixamos unha gravación da reportaxe que emitiu Televigo; o diario Atlántico e o Faro de Vigo tamén publicaron a noticia , polo que a BIBLIOCROCAIO e o CEIP EDUARDO PONDAL estivemos onte de sorte!
Agora a ler moito e a usar os magníficos xogos, tablets e ordenadores que temos á vosa disposición
Ningún comentario:
Publicar un comentario