xoves, 28 de novembro de 2019

Mañá gran festa da nosa BIBLIOCROCAIO

Mañá día 29 de Novembro, despois de longos días de obras, sempre para mellorar, poñemos en marcha a BIBLIOCROCAIO, cunha gran celebración e con algunha gran sorpresa!
Xuntarémonos ás doce na Biblioteca e o alumnado voluntario repartirá os carnés e carpetas así como as cestas de libros para as aulas, veremos un vídeo sobre a contaminación dos nosos mares e océanos e falaremos das normas  de uso da Biblioteca.
Cantaremos unhas regueifas que ensaiaron os cursos de 5º e 6º no obradoiro de Caruncho e o profe de música preparou dúas obriñas de teatro de sombras na que participa todo o cole : ELMER e ROMANCE DEL CONDE OLINOS.
E para despedir o acto farémolo coa canción de Magín Blanco PEIXIÑOS DO MAR
Así era a nosa Biblio, agora está reformada, podedes pasarvos para comprobalo!



Para ver na casa con calma este  marabilloso documental
de 2010: "Océanos" para concienciarnos de coidar os océanos para que a humanidade teña futuro.
 Tratemos de non contaminalos!



Ningún comentario: