venres, 31 de outubro de 2008

Grazas, John



Moitas grazas John, tivemos a sorte de contar contigo nas actividades de inaguración da nosa biblioteca este curso. Cremos que o pasaches tan ben con nós coma nós contigo. Nunca te esqueceremos, por iso seguiremos en contacto contigo e os teus estudiantes. Seguro que Crocaio, a mascota da nosa biblioteca, algo tamén nos contará de ti e o teu pais

Bicos para os teus rapaces e rapazas de Sheffield de todos os bibliocolegas do noso colexio.


See you soon.

Hora de Ler


O vindeiro martes comezaremos coa hora de ler, co lema

LER DE MEDO. Todos disfrutaremos tódolos días coa lectura elixindo o que desexemos.


Será estupendo !

CROCAIO

venres, 24 de outubro de 2008

Saúdo e carta de CROCAIO

XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA DO
C.E.IP. EDUARDO PONDAL

Ola bibliocolegas!

Confeso que xa os botaba de menos. Canto me gusta escoitarvos cando por aquí estades, ollando, buscando e descubrindo. E iso que mo poñedes difícil, pillabáns e pillabanas que para que non me entere case nin ruído facedes. Xa sei! Xa sei! que aquí non se pode berrar nin molestar, por iso decidín quedarme aquí para sempre.

Aínda así entereime, nun dos meus paseos as agochadas, de que hai moitas novidades pola nosa biblioteca. Non tedes máis que ver para Crodila , É DE MEDO O QUE MEDROU! E xa con crías!. Teriades que vela como sentada nese trono máxico desfruta ensinándolles novos contos, historias e aventuras. E sempre que algún ocupa o seu lugar favorito quédase ao pendente e moi atenta para que nada se lle escape e así logo correr a contarllelo aos seus.

Otra novidade, moi ben non o sei, é algo que lle din HORA DE LER. Pregúntadellelo ás vosas mestras, creo que só se trata de iso de LER, case nada.

Tamén falaron de algo de bibliotequeiros e bibliotequeiras, seguro que ten que ver con vos.

Ademáis déixovos novos carnés, algunha carpetas e os puntos de lectura e o noso himno, que xa ten 100 anos, nun póster xigante por se algunha vez vos esquecedes de el.

Por último entereime que vos tocará aforrar.
Teredes libretas onde puntos gañar.

Trátase de que cada vez que participades nunha actividade

puntos gañaredes
e á vosa conta os sumaredes.

Logo, ao final, poderédelo gastar
nunha tenda “libreira”
que no cole haberá.
CROCAIO

un saÚdo lector

xoves, 23 de outubro de 2008

SABEDES A NOVA ?



Eu sei que aínda está que ferve o libro que editou Almudena Janeiro: CONTOS EN CANTOS, cun encanto especial. É un libro coeditado por PAI Música e OQO, cunhas músicas e letras moi variadas e preciosas.

Almudena está percorrendo diversas localidades galegas presentándoo en concertos, nos que todos disfrutamos.
Se bos tamén queredes pasalo ben podedes escoitar o cd ou cantar co o karaoke que acompaña ao libro.
Son contos con moito conto e con moito encanto aos que ela adicoulles unha canción, quen non se lembra da cabaciña que corre ou dun tal Paco Papán e así ata un total de 13 historias engaiolantes.