Sunday, March 18, 2012

Libros con papis !!

              Búscaos na Bibliocrocaio!!
Danny, o campión do mundo de Roald Dalh

Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos.

E para os máis pequenos pero que tamén gusta a maiores:



Un papá a la medida de David Calí  e ilustrado por Anna Laura Cantone.

É a historia  dunha familia formada por unha mamá e a súa filla.
“Mi mamá es grande, muy grande
mucho más grande que las otras mamás.
Cuando viene por mí a la escuela,
las demás se hacen a un lado para dejarla pasar”.
“Mi mamá es fuerte, muy fuerte,
mucho más fuerte que las otras mamás.
Ninguna mamá podría ganarle a las vencidas.
¡Tampoco papá alguno!”

“Pero los otros niños también tienen un papá.
Yo, no.
Necesitaría un papá grande,
muy grande, tan grande como cuatro papás.”
Nai e filla  queren buscar  un papá a súa medida: que sexa forte, moi forte, con moito pelo, moiguapo, moi listo, que saiba facer puzzles difíciles, patinar sobre rodas…

Poñen un anuncio no xornal e aparecen moitos candidatos, pero ningún cumple as suas necesidades. Cuando todos se marchan queda un que es baixiño, moi baixiño, non moi guapo nin moi forte, non ssabe patinar nin de facer puzzles pero…

“Mi nuevo papá es simpático y cariñoso, mucho más cariñoso que los otros papás. Por la noche, antes de dormirme, se sienta en mi cama y me lee un cuento. Algunas veces, incluso dos. ¡Me encanta mi nuevo papá! Aunque no sepa patinar sobre dos ruedas, ni hacer puzles. ¡Es mi papá!”
 Un papá a la medida


Bo día papás!!















 

Saturday, March 17, 2012

Traballamos con xornais

Despois de montar un pequeno Quiosco con prensa
 na entrada do cole, durante a semana os xornais pasaron polas aulas e os nenos e nenas do terceiro ciclo fixeron como remate un obradoiro de lectura de noticias na Biblioteca. 

Aprendemos moitas cousas porque traballamos con entusiasmo nunha actividade diferente. 

Aquí tedes a mostra:

Obradoiro de Prensa 2012 on PhotoPeach

Friday, March 16, 2012

Puzzle europeo

Co rato coloca cada peza no seu lugar.

CANDO O FAS ENTEiRO, SOA O HIMNO DA ALEGRÍA. ESO QUERE DICIR QUE SE FIXO:



Tuesday, March 13, 2012

Semana da PRENSA

A PRENSA NA ESCOLA

Oficialmente estamos na Semana da Prensa na Escola, na que polo menos un día  traballamos soamente con xornais. 
Dende Prensa-escola se nos propoñen sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
2. Estarás informado do que acontece e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importartes.
5. O xornal será o teu mellor libro de texto:distinto cada día.
6. Convertirase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cine, na tele, como vai a Liga... E moitas máis cousas que seguro che intereserán.

Na biblioteca Educalim atopei este libro Lim para traballar a prensa na escola. Paréceme moi interesante polo que traballaremos con el esta semana. Desde a primeira actividade podes acceder aos xornais que queiras de Galicia ou do Mundo na súa versión dixital, proba e verás!!

                     

Friday, March 9, 2012

Xogamos e aprendemos neste fin de semana

Tedes dous tipos de actividades:
 por un lado, un xogo-concurso no que debedes demostrar o que aprendedes ; por outro, a participación na consecución dun obxectivo que depende do nivel : 
-a construcción dun parque zoolóxico, 
-descifrar un xeroglífico exipcio con caracteres reales, ou 
-o traballo dun pequeno detective ao estilo Sherlock Holmes dando a volta ao mundo. 
Todo esto só é posible si se van resolvendo as actividades, xa que o programa non permite continuar a secuencia sin rematar a anterior.Ánimo!!

CICLO SUPERIOR: 5º e 6º:
 

Wednesday, March 7, 2012

8 de Marzo Día Internacional da Muller traballadora

O día 8 de marzo celebramos o Día da muller, conmemoramos a loita das mulleres pola participación na sociedade en igualdade cos homes, e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
 Desde a Bibliocrocaio recomendamos a lectura de ¿Quién ayuda en casa? de Ricardo Alcántara e Gusti.E aquí deixo a dirección para lelo en PDF:

 http://www.scribd.com/fullscreen/52098378

                         

Despois comentaremos o contido na aula.
 E ainda que as imaxes son antiguas  este fermoso video móstranos como traballaban as mulleres en Galicia e ainda seguimos traballando.