xoves, 15 de febreiro de 2024

Entroido no Pondal

 Boas amigos e amigas!

A semana pasada cada clase encargouse de preparar os mandatos do Meco, os cales estaban relacionados coas personaxes que estabamos a traballar do proxecto da biblioteca: Galicia máxica! 

O luns inspirámonos nas driadas, o martes nos trasnos (que durmen polo día), o mércores nas cocas e nas meigas e o xoves nas mouras e maruixanas!



Ademáis, o venres día 9 de febreiro celebramos na escola o noso Entroido!

Cada clase escolleu e preparou o seu disfraz, relacionado con Galicia máxica. 

Aquí vos deixamos algunhas mostras dalguns seres máxicos como os Trasnos, as Mouras, a Coca ou as meigas.








Fixemos unhas actuacións no ximnasio e unha merenda con doces típicos galegos.

Pasámolo xenial!



Ningún comentario: