30 outubro 2014

Venres ás 18.30: Onde viven os monstros, contacontos en Libros para Soñar

 LIBROS PARA SOÑAR, despide o calendario de actividades deste mes de outubro cunha sesión de contos dedicada ao Samaín. Non faltará un clásico da literatura infantil e xuvenil: ONDE VIVEN OS MONSTROS, de Maurice Sendak. Achegádevos mañá venres ás 18:30 horas!

Foi o primeiro día de Biblioteca para algúns nenos e nenas:


25 outubro 2014

O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA


O venres 24 celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e ao memesmo tempo fixemos a inauguración ou reapertura para este curso da BIBLIO CROCAIO.
 Para poñer de relevancia ese día fixemos un montón de actividades.
 Cada curso presentou un xogo popular e unha cantiga ou unha copla de sortear, así os nenos e nenas de infantil, sortearon e xogaron despois á mariquitilla para ensinarnos como se xoga:
1º Curso  mostrounos o xogo e a canción  das bólas:
2º O Pai -fillo- nai e a canción : "Arao"

3º As Chapas e xogos de sorteo:

4º a petanca e asúa canción foi un encadeado popular:
5º O diábolo:
6º O brilé, e 5º e 6º cantaron a Canción da Biblioteca:
E por fin chegou o máis agardado : O MAGO CALI:
Tamén tivemos exposición de libros novos e de xoguetes, relacionados co proxecto dos xogos e agasallos para todos.
Un día da BIBLIOTECA FANTÁSTICO!
Mirade que contento estaba CROCAIO:

23 outubro 2014

Venres 24 inauguración da Biblio Crocaio 2014-2015

Gran actuación na Biblioteca do alumnado do centro, interpretando cantigas populares e rimas para sortear os xogos que nos presenten, e despois, actuación do gran Mago Cali: A Maxia de XOGAR.
Tamén podes ler esta noticia no blog dos peques:


http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/2014/10/inauguracion-d:a-bibliocrocaio.html
E tamén contamos ca Maxia de ler:

22 outubro 2014

Outubro : mes das BIBLIOTECAS

 Todos os anos en outubro celebramos o mes das BIBLIOTECAS  ESCOLARES.
É o momento de abrir as portas da BIBLIO CROCAIO, mostrárvola, dála a coñecer a compañeiros e pais/nais novos no cole, entregar novos carnés e poñer en marcha as distintas actividades de lectura: préstamos, maletas viaxeiras, lecturas compartidas, hora de ler etc...
Tamén neste mes de outubro, o día 24 é o DÍA Internacional DA BIBLIOTECA
Este día é unha homenaxe ó labor  dos Bibliotecarios.
Carme Solé debuxou o cartel e A. Rodríguez Almodóvar escribiu o pregón, unha lembranza entrañable de Ana Mª Matute da que vos copiei o comezo para que continuedes léndoo facendo clic no enlace.
Podedes compartir cos vosos fillos e fillas este fermoso texto facendo clic na imaxe ou aquí: http://www.amigosdelibro.com/images/preg%C3%B3n.pdf
O PREGÓN, HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE comeza así:
-¡Ana María, despierta!
El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los 
ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro. 
Insistió: -Vamos, mujer, que ya es hora.
Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero 
movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo. 
-¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo. 
-¡Soy el Príncipe Azul!
-¿El qué?
-El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
-¿Es obligatorio?
-Claro, lo manda la tradición.
-¡Pues entonces vete a hacer gárgaras! ......

19 outubro 2014

Karaoke MIGALLAS: OS XOGOS

Este venres estamos de festa: inauguramos a Biblioteca para o curso 2014-2015 e, como xa sabedes,  estamos aprendendo a canción que dá unha pista sobre o proxecto deste ano. 
Aquí tedes o Karaoke para cantar e practicar na casa, por xentileza do profe Óscar. Moitas grazas profe!

 Crocaio ten  moitas  sorpresas preparadas... Xa vos iremos contando, mentres tanto: A cantar!

16 outubro 2014

Xogos de hoxe e de sempre

"As catro esquiniñas" "Unha parte importante do capital cultural de cada país reside no seu patrimonio lúdico, enriquecido polas xeracións sucesivas, mais ameazado tamén de extinción" "O neno e o xogo". UNESCO Paris 1980

Pronto recibiredes na casa unh pequena enquisa sobre os xogos e xoguetes de antes.

 Pensamos que calquera xogo do pasado aínda pode ser divertido hoxe en día.

 En tempos de consolas, da Internet, de mensaxería instantánea queremos atopar xente que siga a gozar e a transmitir os xogos tradicionais A ra, o tiro á lata, o tirapedras, a billarda...as bonecas, os carriños.
 Calquera pasatempo dos nosos avós, que facían as delicias dos cativos en calquera recuncho ou praza da vila.

13 outubro 2014

Xogos matemáticos

Xogos como: 4 en raia, damas, axedrez....en liña.
Xogos martemáticos que compartimos da páxina da web do CEIP Igrexa Valladares. Fai clic na imaxe e xoga:

11 outubro 2014

Premios e xogos:

Premio THE WHITE RAVENS (Alemania) - 2014, un dos mellores libros infantiles  do mundo. Noraboa!

A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada.
Pero Nicomedes non ten un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie.
A grandes males, grandes remedios!
Tamén podes practicar a facer caras con este xogo de froita atopado na zona de xogos do blog:
Alí atoparas moitas páxinas sobre xogos tradicionais.

FROITA  DIVERTIDA

05 outubro 2014

Preparados para xogar?

Xogamos ás BÓLAS on PhotoPeach
 Cosas que me gustan de JUGAR. Edit. SM
Este libro trata o hábito diario de xogar desde un punto de vista positivo para os nenos e nenas.
 Ao remate do libro hai unha nota informativa para os pais-nais.

01 outubro 2014

Un conto e un xogo:

Di o refrán que  Por San Miguel os figos son mel.
Crocaio atopou un conto  sobre unha figueira que sabe que vos gusta moito para que o cantedes e contedes 
Mirade que ben o fan  nenos e nenas de 2º de Primaria do C.E.I.P Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra) contan cantando a historia do malvado Pelostortos. 

E agora para que xoguedes en liña ao catro en raia déxavos este enlace: