Amosando publicacións coa etiqueta VISITA DE AUTORES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITA DE AUTORES. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de maio de 2026

Visita da escritora Eva Mejuto

Esta semana tivemos a visita da escritora Eva Mejuto. Asistiron a ela o alumnado de infantil e 1º-2º de primaria.

Falounos do seu libro "Dez gatiñas viaxeiras", libro recomendado dende a Bibliocrocaio para infantil e que trouxeron este día para que llo asinaran.

Tamén animounos a crear persoaxes, cidades e transportes como variante do seu libro.

Deixou unha dedicatoria no libro de visitas da nosa biblioteca.

Moitas graza Eva por axudarnos a imaxinar!!








xoves, 26 de marzo de 2026

Visita da escritora Iria Misa

O mércores, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, tivo a sorte de recibir na nosa biblioteca á escritora Iria Misa. 

Falou de como comezou a escribir as súas novelas, que lle motivou a facelo e contestou dúbidas e preguntas do nenos e nenas.

O alumnado de 4º de primaria leran na súa aula o libro "Unha veciña de película" e o de 5º e 6º de primaria "A cidade do átomo", que espertaron a súa curiosidade por acontecementos e películas que forman parte da historia.  Ao rematar asinoulles os libros que trouxeron á biblioteca.

Moitas grazas Iria por agasallarnos coa túa visita!






mércores, 30 de abril de 2025

Visita do escritor e ilustrador Jorge Campos

O escritor e ilustrador Jorge Campos visitounos para falar do seu libro "Capitán Lentella", facendo un pouco de maxia e falando con nós dese e outros marabillosos libros. 

Ademais asinounos os libros que tiñabamos. Esperamos pronto "Capitán Lentella 3".

Grazas pola visita, esperamos que se repita!