Este venres tivemos unha visita moi especial. Marta, nai de Teo de 4º de primaria, agasallounos cunha estupenda representación facendo homenaxe a Rosalía de Castro.
Na pel de Dona Severina, trasladounos unha preciosa carta recibida da mesmísima Rosalía antes de morrer, para que a lera a tod@s nós.
Marta escribiu toda a súa representación e a carta de Rosalía, creando un clima incrible de sorrisos, risas, emocións, nostalgia e tenrura.
Unha auténtica artista!!
Moitísimas grazas Marta por ese momento tan máxico!!

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




Ningún comentario:
Publicar un comentario