Aínda que xa falaramos deste proxecto, parécenos oportuno retomalo, para que o coñezades un pouco máis. O bubisher é un paxaro que vive na Península e tamén en África, nós chamámoslle Collalba negra e no Sáhara o seu nome significa PAXARO DE BOA SORTE, no dialecto hassaní é Bubchir (o da boa nova) porque anida e cría despois das chuvias.
Este é o nome tamén do bibliobús, un camión que acude aos campos dos refuxiados do Sáhara. Entra nas escolas e vai os barrios para que as e os saharauis poidan ler contos e disfrutar da lectura.
Este ano moitas bibliotecas galegas decidiron unirse a este gran proxecto de fomento da lectura e de solidariedade.
Son moitas as bibliotecas, editoriais, e persoas que participan neste proxecto.
O BUBISHER é recibido con gran alegría e ilusión por todos, como amosan estes vídeos.
LA HUELLA DEL BUBISHER
BUBISHER SMARA ABRIL 2.011
A nosa bibilioteca, a BIBLIOTECA CROCAIO colabora co libro " Colores y más colores" de Mª Rosa Serdio e Ester Sánchez.
Estamos seguros que disfrutarán moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario