O luns 3 de outubro inauguramos a biblioteca para este curso 2022-2023. Foi unha celebración especial xa que facía moito, moito tempo que non nos xuntabamos todos as nenas e nenos do cole na biblioteca. E xa tiñamos moitas ganas!
O proxecto deste curso son as montañas! Puxémoslle de título "Cabuxas do Pondal".
E para arrincar, cada aula "apadriñou" unha montaña. E prepararon un traballiño para presentar aos demais grupos. A verdade é que o fixeron xenial. Foi un bo comezo, cabuxiñas!
Aquí tendes un vídeo cunha mostra dos traballos que expuseron.
Ademais, decoramos as portas das aulas e aproveitamos para ir de visita polo cole para velas e aprender inda máis. Aquí tendes unhas fotos nas que alumnas de 4º nos contan un montón de datos que agocha a súa porta sobre o Etna.
E de seguro que queredes ver como quedaron as outras portas de aula. Pois aquí vai.
De seguro que nos agardan un montón de tarefas interesantes este curso!
E iso non é todo! As cabuxiñas do Pondal tamén tiveron tempo de facer un mural para decorar a entrada á biblioteca e que quedou así de bonito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario