O pasado 24 de outubro foi o "Día dos Bibliotecas Escolares", por iso a Bibliocrocacio abriu as súas portas nerte curso 2026/2027.
Nesta apertura xuntámonos todo o alumnado e profes do centro. Alí o alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º de educación primaria xogou un papel clave nesta apertura xa que foi o encargado de explicar as normas de biblioteca e solventar dúbidas do seu funcionamento.
Presentaron, ademáis, a temática do PDI deste ano, relacionado coas profesións e que leva por título "O fío das profesións":
Desta temática sae a decoración das nosas portas, traballando o alumnado de 4º e 6º de infantil as profesións tradicionais galegas, 5º de infantil os/as paleontólogos e paleontólogas, 1º de primaria artistas, 2º e 3º de primaria detectives, 4º de primaria xornalistas, 5º de primaria científicos e científicas e 6º de primaria profesións do futuro.
Ademáis, cada aula se encargou de elaborar unha serie de definicións relacionadas coa súa profesión para crear un rosco de Pasapalabra interactivo ao que xogamos todas xuntas e xuntos.
Cal será a seguinte sorpresa de Crocacio?
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.png)





.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario