Como xa aprendíchedes estes días atrás os nosos ancestros crían que no Samhaín remataba o ano e que ademáis era unha noite moi especial… a diferencia do resto dos días do ano, a porta entre o mundo dos vivos e dos mortos abríase permitindo que os espíritus amorosos dos nosos antepasados nos visitasen para axudarnos, recordando as persoas queridas que xa non estaban conosco con amor e respeto.
O colexio encheuse de cabazas talladas, coa participación de todas e todos vós e as vosas familias: avós, pais, ... de debuxos.
Os rapaces e rapazas de terceiro de educación primaria tamén fixeron a representación-cantiga de Corre corre, cabaciña, pertencente o libro Contos en Cantos de Almudena Janeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario