Uxío Novoneyra retratado por Pedro Martínez Tavera.
(Parada, Courel 1.930 – Santiago 1.999)
O próximo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Uxío Novoneyra, o poeta identificado coa terra na que naceu, o Courel.
BIOGRAFÍA
Uxío Novoneyra naceu o 19 de xaneiro do 1.930 na aldea de Parada, preto da devesa da Rogueira, no Folgoso do Courel, provincia de Lugo. A súa nai era fidalga e o seu pai un labrego podente.
Novoneyra estudou o bacharelato en Lugo, onde coñeceu a Manuel María, e a intelectuais da xeración anterior, como Luis Pimentel, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro,...
Aos 19 anos vai a Madrid, e asiste como ouvinte á Facultade de Letras. Volveu a Galicia para facer o servizo militar, sendo destinado en Santiago. Alí coñece a Carlos Maside e Otero Pedrayo, que infruirán na súa formación e producción literaria.
En 1.962, en Madrid, traballou en programas de radio e televión como comentador e recitador de poesía galega, española ou universal. Nesta época nace o libro Elegías del Laurel y otros poemas (1.966), en edición bilingüe. Frecuenta o emblemático CAFÉ GIJÓN e colabora co grupo “Brais Pinto”.
En 1.966 volveu ao Courel, para atender os pais, xa vellos e enfermos. Coñeceu a Elba Rei, coa que casou en 1.973. Tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. En 1.982 Novoneyra foi elexido Presidente da Asociación de escritores en lingua galega, cargo que ostentaría ata a súa morte.
Esta responsabilidade fai que se traslade a Santiago. Nesta etapa aumenta a súa actividade pública, especialmente recitais, por centros culturais e de ensino de toda Galicia. É célebre pola súa mestría ao declamar e o seu compromiso coa lingua.
Uxío Novoneyra morre, aos 69 anos, en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1.999, sendo enterrado en Lugo, no cemiterio municipal de San Froilán.
OBRA
Uxío Novoneyra comeza a escribir poesía mo novo. Os seus primeiros poemas datan da súa etapa en Lugo como estudante de bacharelato, aínda que foi en Madrid cando se dedicou seriamente á lírica. A sú obra abrangue obra en lingua galega e castelá.
A paisaxe do Courel é unha constante na súa obra, así como o seu compromiso social e político co nacionalismo galego e coa ideoloxía marxista. A súa obra pretende concienciar para modificar unhas estructuras sociais que ocnsidera inxustas.
Algún dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas moito antes de seren recollidos en libros: por exemplo o Vietnan canto e a Letanía de Galizia.
Portadas dalgúns dos seus libros máis relevantes.
Poemas caligráficos (1.979)
Do Courel a Compostela (1.988)
Poemas da doada certeza (1,994)
Novoneyra publicou tamén tres libros narrativos para nenos: O cubil de Xabarín, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética.
Ningún comentario:
Publicar un comentario