mércores, 19 de maio de 2010

Celebración LETRAS GALEGAS





Ademáis da Exposición Etnográfica que realizamos grazas a colaboración de moitas familias e que poderán ver ata finais de maio, realizamos diversas actividades conxuntas o día 14 de maio.


As actividades nas distintas aulas enriquecéronse coa lectura dos murais sobre a figura e obra do poeta do Courel



En primeiro lugar vimos a presentación sobre Uxío Novoneyra que realizou a nosa compañeira María.

A continuación presentamos a recreación do libro de Uxío Novoneyra : Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, elaborado por tódolos cursos do centro, dende educación infantil ata sexto de educación primaria.








Seguidamente os alumnos de 1º e 2º de educación primaria cantaron "Os animais de dous en dous" do grupo Luar na Lubre.

Posteriormente os alumnos de 5º e 6º de educación primaria interpretaron coa frauta doce "Danza das Patelas" e "Teño un amor en Rianxo".
Anxo, un alumno de sexto explicou as diferencias esenciais entre a frauta dóce e o punteiro da gaita, interpretando a continuación: "A saia de Carolina", " A Rianxeira" e o "Antigo Himno de Galicia".
Para concluir o acto na biblioteca cantando o HIMNO GALEGO.








Para concluir as actividades deste día tan sinalado, comezou A BÚSQUEDA DO TESOURO por grupos, un alumno/a de cada curso, dende primeiro a sexto de educación primaria formaban un equipo.



Cada grupo recibiu un documento coas preguntas que debían contestar, tendo que buscar a información polos distintos lugares do colexio, carteis, folios plastificados que están distribuídos polo patio, ...) As preguntas tiñan que contestarse no documento que se lles entregou, e debían participar todos os membros do grupo.














O grupo gañador foi o que tivo as respostas correctas . Os integrantes dese grupo recibiron un agasallo especial e todos os participantes tiveron un diploma de participación. O equipo gañador foi o equipo nº 2.


Os alumnos de educación infantil realizaban outras actividades sobre a figura de Uxío Novoneyra.

Ademáis levaron tamén unha pequena reseña da figura e obra de Uxío Novoneyra e un marcapáxinas, coa figura do poeta do Courel e a imaxe de varios instrumentos galegos.



Ningún comentario: