Hoxe tivemos unha charla dentro do noso proxecto de montañas, Cabuxas do Pondal. Veu visitarnos ao cole, Nacho, un guía de montaña que desenvolve o seu traballo dende a nosa cidade, Vigo.
Na charla, os alumnos e alumnas puideron ver un vídeo resumo da súa ascensión ao Aconcagua mentres nos explicaba e daba un montón de datos, consellos, informacións e experiencias. Os peques puideron facer todas as preguntas que lles ían xurdindo. Tamén nos trouxo un montón de material de montaña e explicounos a súa utilidade. Entre todos montamos unha mochila para un día de montaña e tamén nos contou como fai montañismo con persoas con dificultade visual.
A verdade é que o alumnado estivo moi activo, fixeron moitas preguntas e amosáronse moi interesados. Falaunos de seguridade, de aclimatación, campamentos base, roupa de abrigo, piolets, crampóns, mapas e compases, helicópteros, comida, auga, como desconxelar xeo, walkie talkies...e un montón de cousas máis que fixeron que a charla fose moi interesante e completa.
Agradecemos moito a súa visita. Podes volver cando queiras!
Aquí tendes a súa web por se queredes acercarvos ao seu mundo e planificar algunha aventura de montaña ou anotarvos a algunha das actividades que ten preparadas para os próximos meses.
Guía de Montaña - Nacho Pequeno
Aquí tendes o seu perfil de Facebook: (9) Nachopequeno Guía de Montaña | Facebook
Ningún comentario:
Publicar un comentario