Hoxe tivemos unha nova experiencia de lectura compartida.
Coa colaboración do Servicio de Normalización lingüística do Concello de Vigo, asistimos a unha quedada literaria no Parque de Castrelos.
Os cursos de 3º, 4º e 5º cada un coa súa mochila ao lombo, saímos do cole ás 9.30 e cando chegamos a Castrelos xa había algún cole alí.
Primeiro lemos tranquilamente e despois compartimos a nosa lectura co cole de Frián.
Contamos o conto de Carapuchiña Vermella, a cargo do contacontos Javier Guisande de cuarto curso e despois de merendar subimos ata o Museo e, alí, nos xardíns de atrás, asistimos aos contos de Bea Campos e Davide e escoitamos unhas palabras en favor do galego pola actriz Uxía Blanco.
Unha experiencia de boa organización e traballo dos coles que participamos.
É fantástico coñecer novos amigos e amigas a través da lectura.
Repetiremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario