O Distrito Forestal
XVIII (Vigo-Baixo Miño) ofreceunos a charla medioambiental
“O
Monte vivo”,
co fin de impulsar unha participación activa e responsable dos
escolares na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios
forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e
social do monte, fomentando así o seu respecto pola natureza.
Dirixida ao alumnado de 5º e/ou 6º curso de educación primaria, actividade relacionada co programa do mesmo nome do Plan Proxecta para o que fomos seleccionados.
O monte vivo. Consellería do Medio Rural. Dirección xeral de Ordenación forestal.
Participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.
Criterios de selección:
- Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais
- Centros educativos no medio rural.
- Centros educativos en Zonas de Alto Risco de incendio (ZAR)
- O programa priorizará proxectos que consigan o obxectivo de incrementar a concienciación da poboación fronte aos incendios.
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible, e a contribución á protección da biodiversidade.
O programa centrarase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto a diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas, do ocio,...
A temporización abarca todo o curso escolar.
Actividades e recursos
- Material didáctico: O home de lume.
- Actividades e materiais complementarios
- Concurso: Os proxectos máis salientables pola súa excelencia en canto orixinalidade e innovación recibirán premios
Ningún comentario:
Publicar un comentario