Manuel María, canta así á poesía:
A Poesía é luz do día,
mallo,
trasmallo,
forza do traballo,
dureza do callo,
dor,
amor,
berro aterrador,
sorte,
morte,
semente,
xente.
.....
A poesía
é un pan
para o ser humán.
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. ... O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»
As bibliotecas escolares galegas contribuimos a celebrar esta data.
Ningún comentario:
Publicar un comentario