POEMA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ :
-Cincenta da fita mourada,
¿virás esta noite baila-la bailada?
-Nin teño vestido nin teño zapatos,
estou na cociña fregando nos pratos.
-Cincenta dos ollos mansiños,
¿virás esta noite bailar cos veciños?
-Nin teño carroza, nin teño cocheiro,
que lavo a roupiña no meu lavadeiro.
-Cincenta da cara belida
?virás ó castelo por se-la elixida?
-Nin teño colares non teño diadema
estou enfornando boliños de crema.
-Cincenta da cariña en flor,
¿virás esta noite busca-lo amor?
-Se alguén me axudase,
qué ben me faría,
pois sinto, da festa, a feliz melodía.
-Sera-la princesa da linda bailada
que así cho concedo por ser eu a fada.
Ana María Fernández
CONTO:
Unha feliz catástrofe de Adela Turín, pretende abrir o
diálogo con nenos e nenas sobre a desigual
distribución dos traballos e as responsabilidades
da vida cotidiana entre homes e mulleres.
Desigualdade supón un obstáculo importante para
que as mulleres poidan acceder a algunhas
profesións.
Cres que as tarefas domésticas son cousa de
ambos sexos?
ambos sexos?
Colaboras na casa?
Que fas ?
Como se distribúen as tarefas na túa casa?
PENSA MENTRAS VES O VÍDEO DO CONTO E
FAS AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
FAS AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
AGORA VISUALIZA ESTE DICCIONARIO DE PROFESIÓNS QUE COMPARTIMOS DA BIBLIO DO CEIP PINTOR LAXEIRO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario