venres, 17 de outubro de 2025

Día das Escritoras

Bo día seguidor@s da Bibliocrocaio!

Esta semana celebramos o Día das Escritoras con diversas actividades. 

Queremos deixarvos aquí as que fixo o alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de primaria.



O alumnado de infantil e primer ciclo de primaria recopilaron cinco libros da nosa biblioteca escritos por escritoras ás que lle teñen especial cariño.





En infantil despois de falar deles e das súas autoras, seleccionaron palabras dos libros escollidos, e con elas inventaron os seus propios contos ou historias. 











Deixamos aquí algunhas das súas gravacións.

Audio 1     Audio 2     Audio 3


En primeiro e segundo de primaria centráronse no libro Dez gatiñas viaxeiras de Eva Mejuto e fixeron as súas propias versións por escrito.






Ningún comentario: