domingo, 12 de outubro de 2025

Comeza a viaxe!

Bo día a todos e todas!

Comezamos un novo curso cheo de novas ilusións e queremos compartir con vós cal será o proxecto, PDI, para o 2025-26:

"Comeza a viaxe"

Faremos un percorrido por distintas comunidades autónomas, cada aula elexirá unha.

Pero iso xa volo contaremos con máis detalle no Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, no que inauguraremos a nosa Bibliocrocaio para este curso cunha chea de sorpresas.

Mentras, para ir quentando motores, compartimos con vós unha exposición que se fixo na biblioteca por parte de alumnado de primaria, chea de recordos das súas viaxes, de emocións e experiencias, e así poder viaxar a outros lugares coa imaxinación.

Moitas grazas familias!
















Ningún comentario: