luns, 12 de decembro de 2022

Obradoiro de regueifas.

O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria, o pasado 28 de novembro, desfrutaron dun obradoiro de regueifas a cargo de O Carucho e Pinto d´Herbón, organizado pola Sección de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Son uns cracks regueifando e tamén o son animándoo a facelo. Explicáronlles tamén de onde vén a tradición. E como colofón, animaron aos peques a que compuseran eles mesmos as súas propias regueifas. Podedes ver no vídeo un anaco da súa creación e interpretación. Resultou moi interesante, aprenderon un montón e pasárono moi ben. Un obradoiro de 10! 







 

Ningún comentario: