xoves, 8 de decembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOCROCAIO


Engadimos os primeiros tomos dunha das mellores e máis exitosas coleccións de Pedro Mañas, que tan ben e bonito escribe, "Anna Kadabra".



Comezamos tamén cunha colección moi exitosa da editorial Blackie Books que mestura ternura, optimismo, alegría, valores, amizade....Presentámosvos a "Perro Apestoso"! De seguro que lle collerás cariño dende as primeiras páxinas. 




Algúns peques desfrutan a tope cos libros de datos, récords, curiosidades, e de seguro que este vailles encantar. Cunhas fotografías moi boas e textos moi interesantes. Aprendemos de todo un pouco!






Tamén incluimos o último tomo de Diario de Greg, recén saído ao mercado. Unha das coleccións con máis fans no noso cole. 




E engadimos tamén o último tItulo de Isadora Moon aos que xa temos na biblio e que tiña varias peticións no buzón de suxerencias.  



 

Ningún comentario: