Hoxe visitáronnos Lois e Cristina do Club Peña Trevinca para falarnos de montaña, de grandes deportistas referentes neste mundillo; de seguridade cando saímos a pacticar deporte neste ambiente; de equipación actual e no pasado para afrontar as saídas e tamén, nos falaron de respeto e coidado a natureza cando practicamos deporte na natureza. Tamén nos falaron dos moitos deportes que podemos facer con eles no seu club, tanto para adultos, coma para nenos/as e familias. Foi unha gozada escoitalos e telos polo cole e queremos darlles as grazas outra vez pola visita. Aos peques encantoulles ademais que lles deixaran probarse todo o material que trouxeron para ensinar. Aquí tendes algunhas fotos da súa visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario