mércores, 6 de abril de 2011

Cont A rte

 O venres día 8 de abril o alumnado de primaria  realizou a sesión de ContAarte: contacontos  e posterior traballo plástico, dentro da Campaña de Animación á Lectura da Concellería de Educación do Concello de Vigo.


Para o alumnado de 4º,5º e 6º  o obradoiro estivo baseado no libro "A caixa de cartón"


Publicado pola editorial OQO na súa colección "Qontextos"; Caixa de cartón está escrito por Txabi Arnal e ilustrado polo iraniano Hassam Amekan.
 Ofrece unha crónica da inmigración diferente: unha historia triste cun final máis feliz, se podemos falar de felicidade, se esta existe despois de sufrir o que a protagonista ten sufrido.
As ilustracións, tremendamente plásticas, son símbolos das palabras e da historia, da dureza da vida nunha caixa, da desesperanza, da esperanza, do optimismo, do amor... a figura sempre vermella da protagonista destaca sobre os tons marróns do libro, que van caracterizar o conxunto das ilustracións.
Un libro imprescindible, un álbum que hai que ter, ler, reler, dar a ler, lérllelo a outras persoas... lembrando que está a evocar esoutro mundo que ás veces nos negamos a ver.


Os alumnos de 3º,2º e 1º de primaria fixeron O seu Obradoiro de lectura sobre o libro"A caixa dos recordos"



Outro fermoso libro de OQO: A caixa dos recordos, con texto de Anna Castagnoli e ilustracións de Isabelle Arsenault, recrea a importancia dos obxectos segundo a carga afectiva que lle atribuímos.
Pero ademais reflicte a xenerosidade de saber compartir, de xeito que esta remata sempre na felicidade de ver cumpridos soños case impensables. Ademais do texto,  as ilustracións son doces e afectivas.


ContArte 2011 on PhotoPeach

Ningún comentario: