sábado, 30 de abril de 2011

Aí vén o Maio!!

Fermoso video sobre a festa dos maios que se celebrao día 1 de maio en toda Galicia.




O noso poema semanal, unha aportación á esta festa:

Aí ven o maio de flores cuberto
puxeronse a porta cantandome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedironme crocas dos meus castiñeiros.

Pasai rapaciños calados e quedos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o pobo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.

Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten, trabucos e préstemos
e coma os do abade, florezan meus eidos
chegado haberá entonces o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos.
                                                Curros Enríquez

Maio elaborado polo alumnado de 4º curso que aparecen na foto cos libros que "apadriñaron" na festa do Día do libro o venres 29 de abril.


EU FALO GALEGO PORQUE...
Agora que falta pouco para o Día das Letras Galegas (17 de maio) o alumnado e profesorado do IES Fontem Albeida Fonsagrada (Lugo) foi recoller a Santiago o pasado martes, 26 de abril, o premio correlingua 2011.
Noraboa polo gran traballo!!
O vídeo que coordinou o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto para promocionar o noso idioma e que resultou gañador aparece a continuación:

Ningún comentario: