luns, 4 de abril de 2011

Crocaio vai de" Encontros con outras Biblios "

O día 7 e 8 de abril asistiremos en Santiago aos Encontros do PLAMBE: Plan de mellora de bibliotecas escolares.
Xa vos contaremos!!


Mentres tanto ide practicando con estes xogos de saúde.




E tamén podedes agardar lendo estes CONTOS:




O libro "Contos para nenos que dormen deseguida", da editorial Kalandraka, acaba de ser incluido na prestixiosa selección de los "White Ravens" que anualmente publica a Biblioteca de Munich onde inclúe ás obras infantís e xuvenís que considera máis destacadas de todo o mundo.

Esto foi o que destacou o xurado:

Conto para a hora de durmir. A historias para a hora de dormir deberían ser curtas, Pinto&;Chinto  escríbeno no prólogo do libro.Ningún dos 28 contos é máis longo  dunha páxina.
Os autores crearon miniaturas artísticas moi sinxelas, sin artificios, escollendo cuidadosamente cada palabra. O textos son poéticos cun suave sentido del humor.
As historias, que falan dunha pata de pau florecente, unha bruxa enamoradiza, ou un volcán durminte, así como as ilustracións a toda páxina que as acompañan,  teñen un brillante toque surrealista. 
Recomendado para lectores a partir de 6 anos.

Ningún comentario: