martes, 28 de xuño de 2011

Para esas profes que....


Artigo de R. NogueroL hoxe no diario galego O Xornal, que leredes completo si premedes na imaxe da profe de infantil.Vale a pena!
"Non ten por que pintar flores de cores nos cristais cando comeza o curso, pero encántalle facelo. Ninguén a obriga a debuxar monifates para adornar as mesas e tampouco lle esixen decorar de imaxinación as catro paredes desvestidas en setembro. Pero non só non lle importa, adora esa tarefa.
Na casa, quítalle tempo ao seu lecer persoal mentres recorta e plastifica figuras de personaxes para usar na aula ao día seguinte.

Cavila músicas e coreografía para unha non imprescindible función de Nadal cos meniños. O guión non o esixe pero, ademais de facer fichas e cumprir obxectivos dun programa, senta os cativos unha tarde calquera para relatarlles algún conto e falarlles de libros e músicas fascinantes. Ás veces compra pola súa conta material que o sistema non lle proporciona. Inventa minutos onde non os hai para elaborar ideas coas que combater a fatiga dos pícaros e espertar o seu devezo por aprender un día si e outro tamén. E non é o seu traballo, pero non evita soar mocos, limpar cus, axudar a lavar mans, curar feridas ou enxugar bágoas...


Ningún comentario: