domingo, 5 de xuño de 2011

AMIGOS DA TERRA SOMOS!!!


O 5 de Xuño de cada ano  celébrase, en todo o mundo, o Día Mundial do Medio Ambiente. Foi establecido pola Asamblea Xeral de Naciones Unidas no 1972

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais modos de estimular a sensibilización mundial arredor do medio ambiente e intensificar a atención e a acción de todos.
Baixo o lema "Coidemos a Terra"  CROCAIO anímavos a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño.

 Recomenda aportar cada un de nós o pouquiño que poidamos que vai ser moito:

·Se é posible, fagamos os percorridos a pé.

·Utilicemos a ducha en lugar do baño.
 
·Non deixemos as billas abertas, nin goteando.

·Utilicemos bolsas de tea para mercar, 
en lugar das bolsas de plástico.

 ¡Entre todos podemos facer un mundo máis saudable!

BUSCA os  xogos escondidos polo bosque:

Ningún comentario: