xoves, 16 de xuño de 2011

Boletín 3º Ciclo Xuño 2.011

BIBLIOTECA CROCAIO

 
                                                          OLA BIBLIOCOLEGAS!  



             Xa estamos a piques de concluir o curso escolar.  Crodila e mais eu queremos agradecerlles os BiblioCrocaios  o traballo realizado ao longo do curso.
            Tamén a todos vós: nenos e mestres, que conseguíchedes enriquecer a nosa biblioteca cun poema semanal ao longo do curso, cheo de cor, imaxinación e vida.
             O libro mais especial do ano  foi o confeccionado por todos vós sobre as distintas culturas: Cuba, China, Canadá, Etiopía, Ecuador e Brasil, Arxentina e Nepal.
Agora que cada un vai disfrutar dunhas merecidas vacacións, imos recomendarvos uns libros  especialmente escollidos para vos.

DESDE O CORAZÓN DA MAZÁ.
Farias, Xoan. Ed Luis Vives (Edelvives).

            “Cando non saibades que facer , escribide un libro”, díxolles
un mestre ós alumnos ó empezar aquel verán.
            Durante as vacacións, un daqueles alumnos escribiu como
viu unha noite ó trasno da montana, como se bañaban os rapaces no
río, como recollían as mazás do outono e como é a súa amiga Federica.
 


UN POLIZÓN EN LA MALETA.
Autor. Bieniek, Christian. Il Flores, Enrique. Tr: Terzi Huguet, Rosana. Ed SM
 
            El curso ha terminado y el panorama de vacaciones se presenta tan aburrido como siempre. Sin embargo, a la abuela le ha tocado un viaje al Caribe, una interesante oportunidad para Kerstin, que se las ingenia para colarse en el gigantesco barco. A partir de ese momento, su mayor preocupación será mantenerse oculta para que nadie descubra que esa simpática niña es en realidad un polizón. 


NA PROCURA DO TESOURO DE KOLA.
López Edna. Il.. Comotto Agustín. Ed Galáxia.

            Na Illa Kola a seca provocou que os cartos deixasen de ter valor. Todo se medía pola auga e con ela vendíase e comprábase. Alí, Omar, un rapaz orfo, recibe, das mans dun estraño mensaxeiro con forma de oso, unha carta case indescifrable na que se fala do famoso Tesouro de Kola. 

 








NIN OFICIO, NIN BENEFICIO.
Lluch, Enric: Il Ordóñez, Miguel. Ed. Tambre – Grupo Editorial Luis Vives.
            A Manuel Rumbau, protagonista desta historia, chegoulle a hora de escoller oficio. Pero non ten nada claro que traballo lle agradará. Antes de decidirse, descarta algúns por verlles varios inconvenientes: ferreiro, avogado, mestre de escola, ministro... A ningún deles lle dá collido o xeito. Probará a facer de detective, de peiteador, de toureiro...






PIRATAS DEL ESPACIO.
Brezino Thomas. Il Delgado Hernández Antonio A
Patrick, Luc y Biggi son tres amigos que forman un equipo de detectives llamado el Equipo Tigre. Una noche, mientras los tres amigos pasean con sus bicicletas por el misterioso Bosque del miedo, se topan con una mujer que les pide ayuda para encontrar a su perro que se ha extraviado. Cuando van a buscarlo son testigos de algo excepcional: un ovni se aparece y de él bajan unos extraterrestres muy luminosos. 

 

TALLER DE DIBUJO CREATIVO. Bruno Heitz. SM

            Un manual de dibujo personal y distintivo, ya que hay que ir creando
a los personajes que forman parte de esta historia, Julio y Julia. ¿Cómo se logra
dar la impresión de movimiento o de profundidad? ¿Cómo crear todo tipo de
efectos y expresiones? Un libro para dibujar y estimular la creatividad e imaginación.


Disfrutade do verán coa  familia , os amigos, o deporte, e diariamente cos libros no voso tempo de lecer.

CROCAIO
 
Un saúdo lector 

E FELIZ VERAN



Ningún comentario: