xoves, 16 de xuño de 2011

Boletín 1º Ciclo Xuño 2.011

BIBLIOTECA CROCAIO

OLA  BIBLIOCOLEGAS !

Xa estamos a piques de concluir o curso escolar. Crodila  e mais eu queremos agradecerlles os BiblioCrocaios o traballo realizado ao longo do curso.

Tamén a todos vós: nenos e mestres, que conseguíchedes enriquecer a nosa biblioteca cun poema semanal ao longo do curso, cheo de cor, imaxinación e vida.

O libro mais especial do ano foi o confeccionado por todos vós sobre as distintas culturas: Cuba, China, Canadá, Etiopía, Ecuador e Brasil, Arxentina e Nepal.

Agora que cada un vai disfrutar dunhas merecidas vacacións, imos recomendarvos uns libros especialmente escollidos para vosotros.


A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR.



Aliaga, Roberto. Il Cimatoribus, Alessandra. Tr: Núñez Marisa. OQO Editora.
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...







AGUSTINA SE MUDA AL POLO NORTE.


Mélanie Watt. Ed. Juventud. Album ilustrado.
Para Agustina no es nada fácil mudarse del polo Sur al polo Norte. Allí se encuentra diferente y sola. Echa de menos su habitación de siempre, a sus amigos, y, sobre todo, a la abuela y al abuelo. Pero con sus dibujos pronto consigue romper el hielo y hacer nuevos amigos.


MI CASA AZUL. Serres Alain. Kókinos

            Un acercamiento al mundo que parte del espacio pequeñito de una habitación y que recorre países, continentes, hasta el universo con sus planetas, estrellas y misterios.



 

RODRIBICO VAI AO CIRCO.  
Guisande Manuel. Il: Tomás Xosé. Ed. Baía.

                
            Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras.
            Unha soleada mañá, um circo instálase preto do seu niño. Por suposto, Rodribico non pensa deixar escapar a ocasión de ir ver o animal mais fero do mundo...
            Uff, que medo!!
 






ME ENCANTA LEER. Tango Books.  Il: Saunders Katie.  Combel Editorial. Libro con pop-ups.
 Como a muchos niños de su edad, a la protagonista de este libro le encanta leer. En el suelo, en la cama, en una mecedora… ¡en todas partes! Lee libros sobre animales, hadas, caballeros, princesas y muchas cosas más.




Enriquecémonos cos xogos, tradicións, comidas, lecturas,... dos rapaces e rapazas doutras culturas, continuade facéndoo. 


Disfrutade do verán coa  familia , os amigos, o deporte, e diariamente cos libros no voso tempo de lecer.
 
CROCAIO



Un saúdo lector




Ningún comentario: