mércores, 29 de abril de 2009

Roscrocaio do mes de abril

Con motivo do mes de abril, mes dos libros os alumnos de sexto de educación primaria elaboraron baseándose no xogo Pasapalabro o ROSCROCAIO.
O RosCrocaio é un xogo de identificación, documentación e investigación , para empregar os recursos dos concursantes e os da nosa biblioteca, para este fin cada equipo ten uns axudantes que poderán consultar, investigar e aportar información para que as respostas sexan correctas.
Os axudantes de cada equipo poderán consultar nos distintos andeis os tellolos para averiguar o nome do escritor ou ilustrador dun determinado libro, tamén poderán empregar o ordenador da biblioteca para as súas pesquisas.
No xogo os alumnos de sexto de educación primaria fixeron o RosCrocaio Galego e Castelán aos alumnos de cuarto de educación primaria. Aqui tedes unhas fotos desta actividade na biblioteca.



Para que vós tamén comprobedes os vosos coñecementos aquí tedes as preguntas dun RosCrocaio. Tedes 10 minutos para resolver tódalas letras. MOITA SORTE!!!!

ROSCROCAIO GALEGO:

Empeza por A: acción de abusar de algo ou alguén.

Empeza por B : lanzarse ou facer que unha cousa chegue a un sitio lanzándoa

Empeza por C: banda de terreo de terra preparado para poder ir dun sitio a outro.

Empeza por D : dicir a dous ou máis persoas que deixan de traballar.

Empeza por E : repetición dun son reflexado por un corpo que rebota repetindo a parte final das palabras.

Empeza por F : caixa de vidro ou outra materia transparente, dentro da cual ponse unha luz.

Empeza por G: madeira con forma curva e normalmente puntiagudo nun dos extremos, que serve para prender, agarrar ou colgar algo.

Empeza por H : ser vivo, animal racional que ten máis intelixencia.

Empeza por I: vivenda dos esquimais.

Empeza por L: gran masa permanente de auga depositada en depresións do terreo.

Empeza por M: festa de asar as castañas ao aire libre na época de outono

Empeza por N: sair do ventre da nai

Empeza por Ñ : Nome da décimo terceira letra do alfabeto galego e décima das consoantes.

Empeza por O : Tempo libre en que non hai que traballar

Empeza por P : Casa grande e moi luxosa onde viven persoas da realeza

Empeza por Q : Alimento que se fai coa leite das vacas.

Empeza por R : Nome colectivo dun conxunto de flores.

Empeza por S : Ferramenta utilizada para sachar

Empeza por T : Parede delgada que separa dous cuartos

Empeza por U : Que está ou vai detrás de todo

Empeza por V : Limpa-lo lixo , un lugar ou algo con vasoira

Empeza por X : Fenómeno atmosférico consistente na conxelación das gotas de auga nas superficies á intemperie cando baixa a temperatura de cero graos centígraos.

Empeza por Z : Calzado de coiro ou feltro que se pon durante o día.





Se realmente o conseguiches NORABOA!!

Para comprobar os teus acertos dámoste agora as respotas do xogo.

Abusar. Botar. Camiño. Despedir. Eco. Farol. Gancho. Home. Iglú. Lago. Magosto. Nacer. Eñe. Ocio. Palacio. Queso. Ramo. Sacho. Tabique. Último. Varrer. Xeada. Zapato.


Unha vez concluída a actividade os alumnos leváronse un RosCrocaio Galego e outro Castelán como recordo desta actividade.

Ningún comentario: