Ola bibliocolegas.
Crodila e máis eu quedamos abraiados coas actividades que realizáchedes estes días.
Enviamos un saúdo especial a todos vós e aos compañeiros e amigos do CEIP Paraixal, cos que intercambiamos diversas actividades.
A continuación imos presentarvos unhas imaxes sobre o conto que crearon e gravaron os alumnos/as de educación infantil: "A GOTIÑA EN BUSCA DAS SETE CORES ".
Seguidamente os alumnos/as de catro e cinco anos interpretaron a poesía : "El Sapo Verde".
Os alumnos/as de sexto de educación primaria fixéronnos disfrutar coa poesía: "El árbol que llegó a ser libro" e o trabalinguas "Madre Notabre", ambalas dúas populares.
Os alumnos do primeiro ciclo de educación primaria realizaron unha adaptación da Fábula: "A LEBRE E A TARTARUGA" para commemorar o día do libro.
E os alumnos de terceiro de educación primaria presentáronnos "A imprenta"
Ningún comentario:
Publicar un comentario